Descentralizacion fiscal e desenvolvemento.

Descentralizacion fiscal e desenvolvemento..

Editorial:
EDICIONS LAIOVENTO
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-525-3
Páginas:
216
Colección:
ENSAIO
24,94 €
incluido
En stock 24/48 h
Añadir a la cesta

Faltaba un estudo completo, sistemático e rigoroso desta cuestión.

Afortunadamente, Alberte Turnes aceptou o reto de realizalo. Despois duns

anos intensos de investigación académica para a súa tese de doutoramento

ofreceunos unha detallada aproximación a este complexo problema, con rigor

e cunha perspectiva galega. O estudo, que agora podemos ver publicado,

resulta de moito interese tanto pola súa reflexión teórica coma, sobre todo,

polo rigor do traballo empírico realizado. Neste estudo realízase unha

explotación orixinal dos datos oficiais -ben pouco transparentes, difíciles de

obter por certo e contraditorios entre as diferentes fontes oficiais. Avánzase

nunha distinción, que eu considero crucial, entre o que podemos chamar unha

Balanza Fiscal Básica e unha Balanza Fiscal Ampliada. Os resultados

contradín os diferentes estudos previos realizados por encargo do goberno

central pero tamén os realizados por encargo doutros gobernos como o catalán

ou o valenciano. Pero máis alá diso aborda un tema inédito de grande

importancia: os efectos indirectos e os retornos para a economía madrileña do

gasto público licitado pola Administración Central para investimentos en

infraestruturas en Galiza. O resultado é realmente sorprendente e invita a unha

seria reconsideración do discurso oficial nesta materia. Merece a pena ler este

libro até o final con atención, lapis e papel.